Auditoría enerxética

As auditorías enerxéticas son un proceso sistemático, mediante no cal, obtense un coñecemento fiable do consumo enerxético do edificio ou actividade empresarial do cliente. Isto serve para detectar aqueles factores e puntos críticos de dito consumo, identificándoos e avaliando as posibles propostas de mellora ou aforro, en función da súa rendibilidade.

Sen dúbida, esta é a ferramenta máis completa para que unha empresa coñeza as características do consumo e custo enerxético.

A través desta ferramenta, conseguiremos o seguinte:

  • Coñecer a situación de partida
  • Unha análise detallada do consumo (eléctrico, térmico e transporte).
  • Propostas para a redución do consumo enerxético.
  • Propostas de posibles investimos en eficiencia enerxética.

Os beneficios que se poden alcanzar son:

  • Optimización do consumo enerxético e do seu custo.
  • Coñecemento de tecnoloxía máis eficiente.
  • Mellora da competitividade da empresa.
  • Redución dos gases de efecto invernadoiro, mellorando o medio ambiente.

Principais estudos compoñentes da auditoría enerxética:

  • Estudo de facturación eléctrica e combustibles.
  • Estudo de consumo e da calidade da subministración eléctrica.
  • Estudo termográfico (Cámara termográfica Flir E6).
  • Estudo dos gases da combustión (Analizador de gases).

PRINCIPAIS ESTUDOS ou PARTES DA AUDITORÍA ENERXÉTICA

Unha vez visitado o centro de traballo, realizamos a análise dos diferentes procesos, coa axuda do persoal de mantemento. Despois solicitarase a documentación necesaria da facturación enerxética da empresa (facturas eléctricas, combustible, … etc).
Con esta documentación, faremos a análise de consumos e custos enerxéticos (expresados en unidades específicas).
Quizais, o estudo de facturación eléctrica sexa o máis extenso, debido a que dispón de máis compoñentes (termo fixo e variable; reactiva, maxímetro, discriminación horaria, impostos, …)

Análise da subministración eléctrica mediante analizador de redes HT Vega 78 ou semellante (tensión, corrente, potencia activa, reactiva, …, factor de potencia, harmónicos,…) e o consumo eléctrico .
Isto permite elaborar unha análise do sistema, para despois propoñer melloras específicas para cada equipo.
Dependendo de cada auditoría, é imprescindible realizar unha ou varias medicións (en puntos diferentes) para calcular o consumo eléctrico para cada proceso da industria ou edificio.

Estudo termográfico dos principais equipos consumidores de enerxía, rede de tubaxes e cerramentos do edificio.
Isto permítenos realizar labores de mantemento predictivo e detectar aqueles puntos críticos onde hai perdas enerxéticas (illamentos defectuosos, pontes térmicas, …).
Cálculo e avaliación económica das perdas enerxéticas, mediante programa de cálculo.

Despois da análise de tódolos datos recollidos (visita, comentarios técnicos mantemento, aparellos medición, etc), proponse as melloras técnicas dispoñibles para cadanseu punto crítico detectado.
Cadansúa proposta, despois de estudar varias alternativas, irá acompañada da súa valoración económica (investimento, aforro enerxético, económico e período de retorno simple) e medioambiental.
Como resumo final, elabórase unha táboa coas principais medidas propostas recomendadas da auditoría, onde estarán detallados tódolos parámetros do parágrafo anterior.

¿Ten algunha dúbida ou quere contactar connosco?