Certificación enerxética

O Real Decreto 235/2013, do 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios. Actualmente, a presentación ou posta a disposición dos compradores ou arrendatarios do certificado de eficiencia enerxética da totalidade ou parte do edificio, segundo corresponda, será esixible para os contratos de compra venda ou arrendamento.

Esta é a etiqueta enerxética correspondente a unha vivenda unifamiliar, depois de facer os cálculos correspondentes. Segundo esta etiqueta, como resultado final, a clasificación enerxética da vivenda sería "Clase A", pero a demanda enerxética sería moi pouco eficiente "Clase G". Dende o punto de vista da eficiencia enerxética, o máis importante é diminuír a demanda de enerxía dun edificio, vivenda ou local comercial, realizando os investimentos necesarios e viables economicamente.

¿Ten algunha dúbida ou quere contactar connosco?