Estudos enerxéticos

Se unha empresa só precisa o estudo dun determinado proceso da súa activiadade, ou estudo da facturación eléctrica, estudo de viabilidade económica da implantación de enerxías renovables… etc, entón, hai a posibilidade de realizar un estudo en concreto para esa solicitude, en vez de realizar unha “Auditoría”, a cal englobaría todos este estudos particulares.

Estudos de viabilidade da implantación de equipos e sistema máis eficientes, enerxías renovables e outros sistemas .

Estudos de viabilidade da implantación de equipos e sistemas máis eficientes:


Iluminación exterior / interior:

  • Luminarias, lámpadas, control on/off, redutor fluxo ,… etc

Conxelación / Refrixeración:

  • Compresores, condensación, control, cámaras de frío,…etc

Enerxía térmica

  • Caldeiras de vapor ou auga, acumulación, cambios de combustible, sistemas de calefacción, regulación, control,…etc

Bomba de calor de alta eficiencia:

  • Aerotermia (Aire – Auga), Xeotermia (Terra – Auga), Outras…

Coxeración e micro coxeración

  • Motor alternativo, turbina, outros,…etc

NEGOCIACIÓN DE CONTRATOS ELÉCTRICOS E ESTUDOS DE FACTURACIÓN ELÉCTRICA

 
  1. Solicitudes de ofertas a varias comercializadoras eléctricas.
  2. Estudo dos diferentes parámetros da factura eléctrica.
    • Termo fixo (KW): Potencia contratada, demandada e facturada.
    • Termo variable (KWh): Consumo de enerxía activa.
    • Recargos: Consumo de enerxía reactiva (kVArh) e potencia demandada (kW).
    • Impostos e outros.
  3. Cálculo do prezo medio do termo variable (€/kWh), segundo a D.H. correspondente da tarifa eléctrica.
  4. Estudo do mercado eléctrico a prezo fixo ou variable ("indexado a pool"),....

¿POR QUÉ UN ESTUDO TERMOGRÁFICO?

 
  • Mantemento predictivo (cadros eléctricos, motores, equipos térmicos...)
  • Detección de pontes térmicas e humidades en edificios (perdas enerxéticas)
  • Comprobación do illamento térmico en tubaxes, cerramentos,...
  • Cálculo e valoración dos puntos críticos detectados.
Curiosidades: 
Temperatura alcanzada por unha vitrocerámica > 280 ºC

ANALIZADOR DE REDES ELÉCTRICAS

 
  1. Medicións de consumos e comparativa coa factura eléctrica.
  2. Medición e comprobación dos diferentes parámetros da subministración eléctrica:
    • Tensión, corrente, potencia, enerxías, factor de potencia, harmónicos,...
  3. Detección dos picos e ocos de tensión.
  4. Comprobación da calidade da subministración eléctrica segundo normativa.

¿Ten algunha dúbida ou quere contactar connosco?