Renovables

Instalación e realización de estudos de viabilidade da implantación de enerxías renovables, para ámbito doméstico ou pequena empresa.

BIOMASA
Utilización da materia orgánica como fonte enerxética, principalmente do aproveitamento de residuos agrícolas, forestais e incluso de outras fontes, coma os residuos orgánicos, podendo obter calor e electricidade. Para a utilización doméstica ou da Peme, utilizaremos principalmente  biomasa forestal, en forma de leña, briquetas, pellets ou estelas, como combustible para uso térmico. Antes da realización dun investimento, deberíase saber:

  1. O custo enerxético actual (€/ano) e o ratio enerxético (€/kWh)
  2. En función dos datos anteriores, deberianos preguntar o seguinte:
    • ¿É rendible un cambio de combustible a biomasa?
    • ¿Cal é o período de amortización da nova instalación?

FOTOVOLTAICA
Transformación directa da radiación solar en electricidade,  mediante paneis fotovoltaicos.
A súa instalación pode ser conectada a rede, autoconsumo ou illada.

Actualmente as principais actuacións son para instalacións illadas da rede eléctrica (captación de auga, bombeos en xeral,…) para a xeración eléctrica e a acumulación mediante baterías.

Para este tipo de instalación illadas, pódese realizar un sistema “híbrido”, mediante a instalación dun pequeno aeroxerador (minieólica).

SOLAR TÉRMICA
Aproveitamento da radiación solar directa e difusa, para producir calor.
As principais aplicacións son para auga quente sanitaria (aqs), climatización de piscinas, apoio calefacción, ..etc.  Para que o seu aproveitamente sexa óptimo, utilízanse principalmente colectores solares planos.

MINIEÓLICA
Aproveitamento da enerxía cinética do aire, xerando enerxía eléctrica, mediante aeroxeradores cunha potencia inferior aos 100 kW.
Igualmente que a fotovoltaica, as principais aplicacións son para instalacións illadas da rede eléctrica (captación de auga, bombeos en xeral,…) para a xeración de electricidade e posterior acumulación mediante baterías, podendo realizar instalacións híbridas (fotovoltaica-minieólica).

¿Ten algunha dúbida ou quere contactar connosco?